IniciosociedadeDetido en Burela un fuxido de Italia acusado de extorsión empregando tácticas...

Detido en Burela un fuxido de Italia acusado de extorsión empregando tácticas mafiosas

O home, durante toda a súa estancia en España, tomara "moitas medidas de seguridade para non ser localizado nin detido", recalca a Policía.

Publicada o

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron o luns en Burela a un home de 56 anos, cidadán italiano, que estaba condenado en Italia a 20 anos de cárcere por un delito de extorsión que cometeu empregando técnicas propias da mafia.

Trátase dunha operación conxunta da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Xefatura Superior de Galicia co Grupo Primeiro de Localización de Fugitivos, con sede en Madrid, e a Comisaría Local de Santiago de Compostela.

Os delitos cometidos por este home reclamado por Italia remóntanse ao ano 2020, cando o agora detido comezou a extorsionar a un home e a toda a súa contorna familiar para que lle entregase grandes cantidades de diñeiro.

A vítima chegou a ingresar 110.000 euros en contas de empresas vinculadas ao detido. Para logralo, segundo informa a Policía Nacional, o home “non dubidaba en utilizar técnicas propias das mafias italianas”.

De feito, chegou a enviar a casa dos pais do afectado unha cabeza de cordeiro e unha lata de gasolina. Tamén enviou a outros dos seus familiares todo tipo de vídeos e mensaxes ameazantes.

DISPOSITIVO PARA A SÚA LOCALIZACIÓN

Así, desde o mes de xaneiro do ano en curso, tras recibir a Policía Nacional a información sobre a presenza do fuxitivo no territorio español, establecéronse dispositivos para a súa localización e detención.

O home, durante toda a súa estancia en España, tomara “moitas medidas de seguridade para non ser localizado nin detido”, recalca a Policía. O Xulgado Central de Instrución número 1 de Madrid xa ditou o internamento provisional do detido no centro penal de Bonxe, á espera da súa posta a disposición ante as autoridades italianas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...